Os nosos albariños Troupe e Mar de Envero, na Enoteca de Javier

Mar de Envero & Troupe

29/11/2013

O pasado xoves 28 de novembro, o enólogo Manyo Moreira visitou a Enoteca de Javier en Benavente (Zamora), onde ofreceu unha charla-coloquio para presentar os dous viños da adega de Rías Baixas Mar de Envero: Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías.

Mar de Envero & Troupe

Durante a súa charla, Manyo explicou aos asistentes as diferenzas entre os viños galegos e os peninsulares, debullando as características que permiten ás terras de Galicia producir uvas tan singulares.

Ademais, o enólogo expuxo os procesos de elaboración dos seus dous viños, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, incidindo en como estes inflúen na transmisión de determinadas sensacións no momento de desfrutalos.

Mar de Envero & Troupe

Como colofón procedeuse a unha cata de ambos viños, sorprendentemente maridados pola Enoteca de Javier con polbo (Troupe) e tostas de carrilleras con cogomelos (Mar de Envero).