Troupe:
un fresquísimo elixir

Un fresquísimo elixir

Aínda que Troupe nace inspirado na estética dos anos vinte e os espectáculos de cabaré, trátase dun viño que conserva a tipicidade da súa zona, xa que está elaborado coa variedade raíña das Rías Baixas: a uva albariño. A súa gran potencia aromática provoca o recordo de froitas como o melocotón, a pera ou a froita da paixón, para rematar nuns elegantes pétalos de rosa. A súa boca é amable e cativadora, e o seu equilibrio invita a renderse aos encantos dun viño moi sedutor.

Ficha técnica

Visitar web


Mar de Envero:
intensidade, elegancia, harmonía

Intensidad, elegancia, armonía

Aínda que a súa elaboración poida parecer novidosa, en realidade atende ás antigas prácticas dos viños brancos que melloraban en botella co paso do tempo. O proceso comeza cunha lixeira maceración co bagazo e a baixa temperatura. A continuación déixase que suban un pouco os graos de forma natural, para poder realizar unha boa fermentación alcohólica. Finalízase coa crianza sobre as súas propias lías en depósitos de aceiro inoxidable, período que adoita variar en función da anada, conseguindo unha maior complexidade aromática e mellor estrutura na boca.


Ficha técnica

Visitar web



Experiencias del Atlántico:
Mar de Envero Blanco Barrica

Mar de Envero Blanco Barrica

Representa unha aposta da adega Mar de Envero polos viños brancos de garda. Tras varios anos traballando coa uva albariño, comprobamos as súas aptitudes para conseguir un viño branco de calidade, que soporta o paso por barrica. Neste proceso procuramos salvagardar a expresión primaria da variedade, que é o seu aceno de identidade. Produción limitada a 700 botellas numeradas.

Ficha técnica



Experiencias del Atlántico:
Mar de Envero Blanco Ecolóxico Sobre Lías

Mar de Envero Blanco Ecolóxico Sobre Lías

Mar de Envero Blanco Ecolóxico Sobre Lías, monovarietal de treixadura con crianza sobre lías, é unha nova mostra do interese da nosa adega pola elaboración de viños que exploren as particularidades das variedades autóctonas e falen da súa terra. Trátase do primeiro monovarietal de treixadura con certificación ecolóxica elaborado na D.O. Rías Baixas, e conta cunha produción limitada e numerada de 2000 botellas.

Ficha técnica



Experiencias del Atlántico:
Mar de Envero Tinto Barrica

Mar de Envero Tinto Barrica

Trátase dun viño elaborado con tres variedades de uva galega que, combinadas coas particulares características da terra, a climatoloxía e os labores no campo, fan del un claro exemplo de tinto atlántico, fresco, de baixa gradación e cunha marcada elegancia sensorial. Produción limitada a 2100 botellas numeradas.

Ficha técnica



Volandia Mencía Barrica

Volandia Mencía Barrica

Volandia é un monovarietal de mencía que chamará especialmente a atención aos apaixonados e curiosos do viño. Elaborado artesanalmente con uvas de viñas vellas da Ribeira Sacra, e criado en barricas de carballo de prestixiosas tonelerías francesas, destaca pola súa capacidade para envellecer e manterse en óptimas condicións durante anos. Agradece o tempo en copa xa que, a medida que se abre, amplía o seu rexistro aromático, despregando as súas cualidades sensoriais e gañando complexidade. Produción limitada de 2700 botellas numeradas.

Ficha técnica



Volandia Godello Barrica

Volandia Godello Barrica

Volandia Godello Barrica é un viño branco que se fai oco en terra de tintos. Aínda que os viños desta variedade de uva resultan moi escasos na Ribeira Sacra, esta singularidade vese acentuada tanto pola súa inusual elaboración en barrica como polas súas limitadas 850 botellas. Para a crianza deste viño elixiuse unha madeira de características concretas e especiais, co obxectivo de que se poida apreciar plenamente a variedade de uva.

Ficha técnica