Cando o bago comeza
a súa madurez

Cuando la uva comienza su madurez

O envero é o suxerente nome polo que se coñece ao momento no que o froito comeza a súa madurez, no que a uva adózase e cambia a súa cor, tornándose nun só día amarelenta a branca, e oscura a tinta. Os grans de uva van abandoando a súa función clorofílica, para comezar a de almacenamento. É entón cando gañan elasticidade e o racimo adquire a súa tonalidade característica.

É normalmente o sol de agosto o que propicia este fermoso fenómeno que tinxe de cores os viñedos e xoga cos contrastes, e é cara o final do verán cando a natureza nos agasalla con este intre máxico de paisaxes cambiantes, de exuberantes acios abríndose paso entre as follas de cepas e sorpréndenos co dóce sabor das uvas que, unhas horas antes, só eran verdes grans cargados de promesas.

¿Por que Mar de Envero?

Atopándose o elaborador da adega ampliando os seus coñecementos en viticultura na subzona de Rías Baixas do Rosal, sorprendeuse ao pasar por unha zona de viñedos na que a superficie foliar dos emparrados se situaba nunha cota inferior á do camiño, e esta follaxe estendíase de forma ondulante, como formando ondas verdes que se fundían no mar. Curiosamente este avistamento produciuse en agosto, momento no que se produce o ansiado envero, fenómeno no que a uva se dulcifica e cambia a súa cor, tornándose nun só día amarelada a branca e escura a tinta, proporcionando así ao acio o característico ton da maduración.