Unha paixón
como forma de vida

Una pasión como forma de vida

Mar de Envero é unha adega que, desde a súa fundación no ano 2007, elabora viños galegos únicos, con tipicidade e personalidade propia. Tras liderar proxectos singulares en diferentes denominacións de orixe, o seu elaborador Manyo Moreira retorna a Galicia, unha terra na que por chan, clima e variedades de uva, atopa o carácter e a elegancia que necesita para os seus viños.

O noso traballo arrinca no campo, onde aplicamos os traballos de viticultura necesarios para conseguir unha excelente calidade de uva, minimizando desta forma a súa manipulación durante os procesos de elaboración realizados na adega.

O carácter dos nosos viños está marcado pola influencia do Atlántico e as particulares características do noso terreo.

Todos os coidados procesos que aplicamos, tanto na viña como na adega, contribúen a converter os nosos viños nun verdadeiro reflexo do potencial que ofrecen as nosas variedades de uva autóctonas.

Dossier