A adega Mar de Envero repasa a súa viaxe a Tokyo en Santiago TeVe, de SantiagoTV

A adega Mar de Envero, en Santiago TeVe, de SantiagoTV

21/06/2013

Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero, repasa nesta entrevista para o magazine Santiago TeVe a experiencia da súa recente viaxe a Tokyo, onde asistiu á feira Wine & Gourmet JAPAN 2013.

Durante a entrevista, Manyo Moreira revela que o desembarco dos seus viños en Xapón estivo precedido dun profundo estudo da cultura e hábitos do país nipón, prestando especial atención á súa gastronomía xa que, ao basearse en peixes e mariscos, propicia unha maridaxe perfecta para os albariños Mar de Envero e Troupe.

Ademais, Manyo recorda o traballo que implica asistir a un gran evento como o Wine & Gourmet JAPAN 2013, unha experiencia que lle permitiu comprobar de primeira man a boa aceptación dos seus viños no mercado xaponés.