Mar de Envero, única adega galega presente na Wine & Gourmet JAPAN 2013

Mar de Envero, en la Wine & Gourmet JAPAN 2013

28/03/2013

Mar de Envero será a única adega galega presente na edición 2013 da feira Wine & Gourmet JAPAN, que se celebrará entre os días 3 e 5 de abril no recinto Tokyo Big Sight da capital nipoa.

Esta será a segunda asistencia consecutiva da adega Mar de Envero a este evento, un dos puntos de encontro máis importantes entre produtores vitivinícolas de todo o mundo e distribuidores e importadores xaponeses.

Na súa anterior edición, Wine & Gourmet JAPAN conseguiu reunir a máis de 104 expositores de 18 países, recibindo 70000 visitantes profesionais, unhas cifras que a organización espera superar este ano.

Miguel Ángel Moreira, enólogo da adega Mar de Envero, considera que os seus dous viños albariño con D.O. Rías Baixas, Mar de Envero e Troupe, conseguiron sorprender e seducir o padal xaponés tanto polo seu carácter aromático coma pola súa boa maridaxe coa gastronomía nipoa.

Con esta nova edición, Miguel Ángel pretende afianzar a presenza da adega Mar de Envero en Xapón, así como facer chegar os seus viños a un maior número de restauradores.

Mar de Envero, en la Wine & Gourmet JAPAN 2013