Os viños da adega Mar de Envero, galardoados nos Premios AkataVino CIVAS 2019

Premios AkataVino CIVAS 2019

04/07/2019

Tres viños da adega Mar de Envero foron galardoados nos Premios AkataVino CIVAS 2019. O albariño Mar de Envero elaborado sobre lías, e o coupage Mar de Envero «Experiencias del Atlántico» Tinto Barrica, recibiron senllas Medallas CIVAS de Ouro, obtendo valoracións de 93,5 e 93 puntos respectivamente. O albariño monovarietal Troupe, pola súa banda, recibiu unha valoración de 91 puntos e a Medalla CIVAS con Distinción.

Premios AkataVino CIVAS 2019

Premios AkataVino CIVAS 2019

Premios AkataVino CIVAS 2019

O Concurso Internacional de Vinos AkataVino Sumilleres de España (CIVAS) celébrase de forma bianual, e é o único cuxa inscrición se limita, en exclusiva, ás adegas nomeadas pola organización con viños de máis de 90 puntos. A selección foi levada a cabo por un comité de catadores durante 18 meses, nos que cataron máis de 5000 viños. As valoracións foron realizadas por un panel de cata a cegas integrado por catadoras de prestixio, elixidos pola organización do certame.