O albariño Mar de Envero, entre os 35 mellores albariños do ano 2015 segundo a Guía de Vinos Xtreme de akataVino

Albariño Mar de Envero: Guía de Vinos Xtreme akataVino - Los 35 Mejores Albariños D.O. Rías Baixas del año 2015

11/09/2015

O albariño elaborado sobre lías Mar de Envero, da adega do mesmo nome, obtivo unha valoración de 92,5 puntos e Medalla de Ouro na guía La Rebelión del Albariño, unha edición especial da Guía de Vinos Xtreme de akataVino que recolle e analiza os 35 mellores albariños D.O. Rías Baixas do ano 2015.

Para elaborar este monográfico dedicado ao viño albariño, o comité técnico da Guía de Vinos Xtreme, integrado por un grupo permanente de 8 profesionais, asistiu como xurado á XXVII Cata Concurso Rías Baixas Albariño, celebrada o pasado mes de agosto en Cambados (Pontevedra).

Durante a súa estanza de 12 días en terras galegas, o equipo de akataVino, dirixido por Antonio Jesús Pérez Reina e María Navarro, analizou 200 albariños D.O. Rías Baixas, seleccionando os 35 mellores para conformar unha lista composta por «clásicos renovados, por novas etiquetas que empurran con forza, con viños marcados pola terra e a súa identidade. Todos son grandes, e cunha excelente relación calidade prezo dentro do mercado onde se mostran».

Albariño Mar de Envero: Guía de Vinos Xtreme akataVino - Los 35 Mejores Albariños D.O. Rías Baixas del año 2015

A nota de cata da guía La Rebelión del Albariño: Los 35 Mejores del año 2015 refírese ao albariño monovarietal Mar de Envero como «Un viño elaborado para crecer en botella, para presentarnos o potencial que a uva albariño ten coa crianza sobre as súas lías, un viño intenso, cun nariz cheo de ricas e gratas sensacións, onde a froita se expresa de xeito apisoante, sempre xunto a notas de especias e herbas aromáticas, con leves toques balsámicos de menta eucalipto, en boca as lías achéganlle sosego, cremosidade e elegancia, para equilibrar o conxunto, sen dúbida un viño con presenza e clase dende a botella ata o postgusto. Enorme sorpresa [...] desta xoven adega de Rías Baixas!».