Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, dispoñibles na prestixiosa tenda británica Borough Wines

Mar de Envero y Troupe, en Borough Wines

19/07/2013

Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, xa se encontran dispoñibles en Borough Wines, unha prestixiosa tenda situada no Borough Market de Londres.

Borough Wines xurdiu en 2002, ante a necesidade dos propietarios de promover no mercado británico os viños de Chateau Ponchapt, o seu viñedo familiar en Bergerac (Francia). Para conseguilo, decidiron establecer un posto no Borough Market, o máis afamado mercado de alimentos de Londres. Dende entón, Borough Wines creceu ata incluír cinco puntos de venda, un restaurante-vinoteca e un negocio de subministración a bares, restaurantes e tendas.

Mar de Envero y Troupe, en Borough Wines

Pola súa banda, o Borough Market é máis que un lugar para comprar e vender alimentos: trátase dun recanto único de Londres, ao que a xente acode para descubrir os sabores, aromas, texturas e cores que só os alimentos de calidade, frescos e de tempada poden ofrecer. Atafegado e bulicioso, enérxico e emocionante, o Borough Market captura a rica historia culinaria do país, chegando mesmo a ser considerado a xénese do seu renacemento.