A adega Mar de Envero colabora coa II Comida Solidaria «San Lázaro Axuda»

II Comida Solidaria San Lázaro Axuda

29/01/2015

A adega de Rías Baixas Mar de Envero colaborou coa II Comida Solidaria «San Lázaro Axuda», celebrada o pasado 29 de novembro de 2014 no Hotel Porta do Camiño (Santiago de Compostela).

Este evento, organizado pola Comunidade Solidaria de San Lázaro, ten como obxectivo recadar fondos para as persoas sen recursos de Santiago de Compostela, así como para a escolarización de nenos en Nicaragua.

II Comida Solidaria San Lázaro Axuda

Nesta segunda edición a Comida Solidaria logrou reunir a 150 asistentes, e contou co apoio de 60 colaboradores. Podedes encontrar máis información sobre «San Lázaro Axuda» neste enlace, e tamén na súa páxina de Facebook.