Mar de Envero acode á gala de entrega dos IX Premios Internacionales Arribe 2013

Mar de Envero: IX Premios Internacionales Arribe 2013

04/12/2013

O pasado sábado, 30 de novembro, o equipo da adega Mar de Envero acudiu á gala de entrega dos IX Premios Internacionales Arribe, celebrada en Trabanca (Salamanca).

Durante a gala, o enólogo Manyo Moreira recolleu o galardón concedido ao albariño elaborado sobre lías Mar de Envero, que se alzou co Premio Arribe de Plata na categoría de Viños brancos sen crianza en madeira, onde obtivo unha valoración de 86,20 puntos.

Mar de Envero: IX Premios Internacionales Arribe 2013

Antes da cerimonia foron expostos todos os viños gañadores, para que os asistentes tivesen a ocasión de catalos. Ademais, a organización dos Premios Internacionales Arribe anunciou a edición dun libro dixital con toda a información e abundante material gráfico relacionado co evento.

Mar de Envero: IX Premios Internacionales Arribe 2013