Os albariños Mar de Envero e Troupe, na Guía Palacio de los Mejores Vinos Iberoamericanos 2013

Mar de Envero en la Guía Palacio

31/05/2013

El Palacio de Hierro, os grandes almacéns de maior prestixio en México, confirmou a inclusión da adega de Rías Baixas Mar de Envero na nova edición da súa Guía Palacio de los Mejores Vinos Iberoamericanos.

Os dous albariños da adega, Mar de Envero (2011) e Troupe (2011), foron elixidos ao lograr 90 e 91 + puntos respectivamente nas catas de selección.

A Guía Palacio de los Mejores Vinos Iberoamericanos sairá á venda en setembro de 2013, e distribuirase nos principais mercados mundiais, contando co respaldo de El Palacio de Hierro, unha firma que, dende o seu establecemento en 1891, distinguiuse por ofrecer produtos e servizos das máis importantes marcas nacionais e internacionais.

Mar de Envero en la Guía Palacio