A adega de Rías Baixas Mar de Envero acudirá a FENAVIN 2013

La bodega de Rías Baixas Mar de Envero acudirá a FENAVIN 2013

06/05/2013

A adega de Rías Baixas Mar de Envero estará presente en FENAVIN 2013, a feira de referencia do viño español, que terá lugar do 7 ao 9 de maio no Pabellón de Ferias y Congresos de Ciudad Real (Castilla-La Mancha).

Dende a súa primeira edición en 2001, FENAVIN especializouse no negocio exterior, unha proxección internacional que permite que a oferta vinícola española poida estar presente nos mercados máis importantes.

Nesta nova edición, 1214 adegas terán os seus viños en FENAVIN, o que supón un incremento do 1,4% con respecto á edición anterior. Ademais, haberá presenza de viños de todas as denominacións de orixe españolas, e prevese que o número de compradores nacionais e internacionais alcance os 12800, un 4,83% máis que na edición anterior.


Mar de Envero en FENAVIN
Pavillón Osiris
Rúa B
Stand 25