Descobre
os nosos viñedos

As leiras da adega Mar de Envero esténdense pola zona máis occidental da subzona da Ribeira do Ulla, principalmente no lado norte do río e cunha orientación sur ou sueste. Aínda que a uva máis cultivada é a albariño, tamén incorporamos outras variedades, xa que o noso técnico, Manyo Moreira, mantén unha visión que vai máis aló das variedades brancas.

As leiras presentan principalmente chans pouco profundos, con presenza de xabre —un termo galego que designa a area grosa de granito descomposta polo paso do tempo—, alturas comprendidas entre os 140 e os 175 metros sobre o nivel do mar, pH baixo e pouco poder de retención de auga.

Martingos é a nosa leira máis emblemática, xa que foi a primeira e na que tomamos a decisión de construír a adega. Unha das súas características máis marcadas é a presenza de roca gneis, un mineral de orixe metamórfico moito menos común nesta zona que o granito, de orixe magmático.

As nosas terras mantéñense en réxime de non labrar e desenvolvemento de cuberta vexetal natural. Non utilizamos herbicidas e tratamos de reducir os tratamentos nas viñas, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da biodiversidade e, así, legar unha herdanza máis respectuosa a quen nos suceda.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?