Un albariño con percorrido

La Voz de GaliciaTexto: Víctor CachoA adega compostelá Mar de Envero percorrerá miles de quilómetros en setembro para levar a México, da man da cadea de establecementos máis importante do país azteca, Palacio de Hierro, o seu albariño. O viño venderase na sección gourmet na quincena dedicada aos produtos de Galicia, que terá lugar o próximo mes de outubro nos dez centros que esta cadea ten no país centroamericano (sete na capital). Ademais, Manyo Moreira, un dos creadores da adega, que esta semana participa na festa do albariño de Cambados, aproveitará a viaxe para buscar distribuidores que lle permitan entrar nese novo mercado.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?