Troupe e Mar de Envero, viños con elegancia e un sabor en estado puro

Mar de Envero é unha adega que aposta por dous albariños singulares e que se encontra en claro proceso de expansión. Viños únicos, o sono de dous emprendedores composteláns, que innovan en tempos de difíciles.Mar de Envero naceu en 2007 con todos os elementos para unha maridaxe de éxito. Emprendedores con paixón e experiencia que, hoxe en día obteñen bos resultados cos seus dous caldos. “O 2012 foi un ano especial e sumamente importante para nós, cunha expansión incrible que nos achega a consolidación no mercado dos nosos viños,” afirmou Manyo Moreira, enólogo de Mar de Envero.Un ano de grande actividade para a marca, que segue abrindo mercados para os seus dous viños, tal e como se constataba en xullo coa visita que realizaban a Brasil xunto coa Cámara de Comercio de Pontevedra. Unha incursión, que se suma á do pasado mes de abril, na que a adega, acudía á feira Wine&Gourmet de Xapón como única representación galega do sector. Situacións que afianzan o seu posicionamento en países como Suíza, México e Gran Bretaña.Pero se falamos de expansión unida a creatividade, hai que mencionar a Troupe. O irmán pequeno de Mar de Envero presentábase en abril cunha estética fresca e elegante. Un caldo que non deixou a ninguén indiferente, e que xa obtivo éxitos de crítica e público ao conseguir unha medalla de bronce no concurso International Wine Guide. Un recoñecemento, ao que se suma a medalla de prata, que o mesmo certame, concedeu a Mar de Envero.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?