Os viños da adega Mar de Envero, valorados na Guía de Vinos y Aceites 2022

A Guía de Vinos y Aceites 2022, editada pola revista La Semana Vitivinícola SeVi, recolle as notas de cata e valoracións dos nosos viños con denominacións de orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra. Mar de Envero | Guía de Vinos y Aceites A anada 2019 do albariño Mar de Envero sobre lías recibiu 93 puntos, e nas notas de cata resáltase a súa opulencia e equilibrio. O albariño monovarietal Troupe 2020, pola súa banda, foi valorado con 92 Puntos, e del destácase o seu carácter fragante e franco en boca. Mar de Envero | Guía de Vinos y Aceites Os viños da liña «Experiencias do Atlántico», coa que a adega explora a particular natureza dos viños galegos, tamén foron puntuados nesta guía: tanto o coupage Mar de Envero Tinto Barrica 2017 —«Saboroso, vertical e salino. Pizpireto con recordo froiteiro e tostado»— como o albariño Mar de Envero Branco Barrica 2018 —«Intenso. Amplo en boca, de aspecto salino nun conxunto cremoso»— recibiron 92 puntos. Mar de Envero | Guía de Vinos y Aceites Igualmente, a guía recolle as notas dos dous viños con D.O. Ribeira Sacra da adega: Volandia Godello Barrica 2019 —«Profundo. Conxunto cálido e potente. Equilibrado»— e Volandia Mencía Barrica 2018 —«Elegante. Saboroso en boca, con nervio»—, valorados ambos con 93 puntos.Na edición de 2022, a Guía de Viños e Aceites inclúe 1663 viños e 59 aceites de oliva procedentes de todos os recunchos da xeografía española.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?