Os viños da adega Mar de Envero, galardoados nos Premios AkataVino CIVAS 2019

Tres viños da adega Mar de Envero foron galardoados nos Premios AkataVino CIVAS 2019. O albariño Mar de Envero elaborado sobre lías, e o coupage Mar de Envero «Experiencias del Atlántico» Tinto Barrica, recibiron senllas Medallas CIVAS de Ouro, obtendo valoracións de 93,5 e 93 puntos respectivamente. O albariño monovarietal Troupe, pola súa banda, recibiu unha valoración de 91 puntos e a Medalla CIVAS con Distinción. Premios AkataVino CIVAS 2019 Premios AkataVino CIVAS 2019 Premios AkataVino CIVAS 2019 O Concurso Internacional de Vinos AkataVino Sumilleres de España (CIVAS) celébrase de forma bianual, e é o único cuxa inscrición se limita, en exclusiva, ás adegas nomeadas pola organización con viños de máis de 90 puntos. A selección foi levada a cabo por un comité de catadores durante 18 meses, nos que cataron máis de 5000 viños. As valoracións foron realizadas por un panel de cata a cegas integrado por catadoras de prestixio, elixidos pola organización do certame.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?