Os nosos albariños Troupe e Mar de Envero, na Enoteca de Javier

O pasado xoves 28 de novembro, o enólogo Manyo Moreira visitou a Enoteca de Javier en Benavente (Zamora), onde ofreceu unha charla-coloquio para presentar os dous viños da adega de Rías Baixas Mar de Envero: Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías. Mar de Envero & Troupe Durante a súa charla, Manyo explicou aos asistentes as diferenzas entre os viños galegos e os peninsulares, debullando as características que permiten ás terras de Galicia producir uvas tan singulares.Ademais, o enólogo expuxo os procesos de elaboración dos seus dous viños, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, incidindo en como estes inflúen na transmisión de determinadas sensacións no momento de desfrutalos. Mar de Envero & Troupe Como colofón procedeuse a unha cata de ambos viños, sorprendentemente maridados pola Enoteca de Javier con polbo (Troupe) e tostas de carrilleras con cogomelos (Mar de Envero).

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?