Os albariños Mar de Envero sobre lías e Troupe, na Guía de Vinos y Aceites 2019

A Guía de Vinos y Aceites 2019, editada pola revista La Semana Vitivinícola SeVi, valorou os nosos albariños Mar de Envero sobre lías e Troupe con 95 e 94 puntos respectivamente. Guía de Vinos y Aceites 2019 Na cata do albariño Mar de Envero sobre lías —colleita 2016— menciónanse as súas notas de «froita branca», describíndoo como «goloso (marmelada de ameixa)», con «matices afumados e de herbas, saboroso en boca, lías cremosas, excelente acidez, finas notas amargosas, con riqueza en matices e excepcional lonxitude e equilibrio». Guía de Vinos y Aceites 2019 En canto á colleita 2017 do albariño Troupe, a cata refírese ás súas notas de «froita e flores brancas, ameixas, herbas» e, ademais do seu frescor, destaca a súa «boa acidez, fondo especiado (xenxibre) e cítrico». Guía de Vinos y Aceites 2019 A edición 2019 da Guía de Vinos y Aceites contou coa participación de 345 adegas e almazaras, incluíndo 1669 viños e 51 aceites de oliva catados e puntuados, con notas de cata a cargo do xornalista e catador Antonio Casado.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?