Os albariños Mar de Envero e Troupe repiten Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2018

Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, recibiron senllas Medallas de Ouro na edición 2018 do concurso internacional Catavinum World Wine & Spirit Competition. Este galardón premia a viños moi intensos e moi complexos en aromas, con corpo alto, ben equilibrado e moi persistente.Para esta última edición da CWWSC catáronse un total de 3378 viños e licores procedentes de máis de 20 países, e só cinco viños brancos da D.O. Rías Baixas recibiron a Medalla de Ouro. Os albariños Mar de Envero e Troupe, Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition Catavinum World Wine & Spirits Competition é unha iniciativa organizada por Catavinum en Vitoria-Gasteiz (España), que ten como obxectivo informar a consumidores e profesionais sobre a calidade dos viños e licores premiados. Deste xeito, contribúen á súa difusión e potencian a produción e elaboración de produtos de calidade. Os albariños Mar de Envero e Troupe, Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?