Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, o monovarietal Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, recibiron senllas Medallas de Ouro nos Premios akataVino CIVAS 2016, un galardón que identifica a viños excepcionais, con altas doses de tipicidade e terruño. A participación no Concurso Internacional de Vinos AkataVino Sumilleres de España – CIVAS 2016 limitouse aos 180 mellores viños de España, seleccionados por posuír unha valoración de máis de 90 puntos na Guía de Vinos Xtreme de akataVino. Para dotar ao certame de maior obxectividade e transparencia, as valoracións foron realizadas por un panel de cata integrado por 35 sumilleres de prestixio en sesións a dobre cegas. Os viños premiados con medalla formarán parte da edición 2016 da Guía de Viños Xtreme, a guía de viños dixital en español con maior difusión, sumando máis de 200.000 descargas da súa edición 2015 en todo o mundo.