Os albariños Mar de Envero e Troupe, premiados no concurso International Wine Guide 2015

Os viños da adega de Rías Baixas Mar de Envero recibiron senllas medallas no concurso International Wine Guide 2015: o albariño elaborado sobre lías Mar de Envero alzouse cunha Medalla de Ouro, e o albariño monovarietal Troupe foi galardoado cunha Medalla de Prata. Albariño Mar de Envero: International Wine Guide 2015 Albariño Troupe: International Wine Guide 2014 O certame International Wine Guide, organizado e desenvolvido por Catavinum en Vitoria-Gasteiz (España), ten como obxectivo informar aos consumidores e profesionais internacionais sobre a calidade dos viños premiados, fomentando a produción e elaboración de produtos de calidade.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?