Os albariños Mar de Envero e Troupe, premiados na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2016

Os dous albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, foron premiados con senllas medallas na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2016.Nesta competición, a Medalla de Ouro concedida ao albariño Mar de Envero elaborado sobre lías premia a un viño moi intenso e moi complexo en aromas, con corpo alto e ben equilibrado e moi persistente.Os albariños Mar de Envero e Troupe, premiados na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2016Pola súa banda, a Medalla de Prata lograda polo albariño monovarietal Troupe premia a un viño intenso e complexo en aromas, con corpo medio-alto, ben equilibrado e con boa persistencia final.Os albariños Mar de Envero e Troupe, premiados na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2016O concurso Catavinum World Wine & Spirits Competition (CWWSC), organizado e desenvolvido por Catavinum, ten entre os seus principais obxectivos o de informar a consumidores e profesionais sobre a calidade dos viños e licores premiados, co fin de contribuír á súa difusión e, ademais, potenciar a produción e elaboración de produtos de calidade. Para a realización da edición 2016 do certame catáronse un total de 3156 viños e licores procedentes de máis de 28 países, dos cales 937 obtiveron diploma e medalla.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?