Os albariños Mar de Envero e Troupe, premiados coa Medalla de Ouro no concurso International Wine Awards 2019

Os albariños da adega Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, recibiron senllas Medallas de Ouro na décima edición do concurso International Wine Awards.Na nota de cata do concurso, o albariño Mar de Envero elaborado sobre lías descríbese como un viño con «Cor amarela pálida clara, brillante, con toques de ouro. Bágoa forte. Aromas afrutados e florais moi intensos, con toques de mazá, pera, pomelo e herbas aromáticas. Fácil de beber, fresco, saboroso, cunha elegante cremosidade das lías, equilibrado e persistente con tons afrutados. Gran viño con forte personalidade». International Wine Awards 2019 Pola súa banda, a nota de cata do albariño monovarietal Troupe fala dun viño «Cor amarela pallosa con tons de verde. Boa intensidade aromática. Presenza de froitas con óso como pexegos e mangos. Toques de pera, maracuxá e casca de lichi. Sutil aroma a pétalos de rosa. Bo ataque, fresco, con boa acidez e un resaibo cítrico equilibrado cun toque de pomelo rosa». International Wine Awards 2019 International Wine Awards é un concurso no que participan produtores e adegas dos principais países do mundo. O seu obxectivo é informar aos consumidores e profesionais internacionais sobre a calidade dos viños premiados, fomentando a produción e elaboración de produtos de calidade.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?