Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, foron premiados con senllas Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2017.Nesta competición, a Medalla de Ouro premia a viños moi intensos e moi complexos en aromas, con corpo alto e ben equilibrado e moi persistente. O concurso Catavinum World Wine & Spirits Competition (CWWSC) é unha iniciativa organizada por Catavinum, que ten como obxectivo informar a consumidores e profesionais sobre a calidade dos viños e licores premiados. Desta forma, contribúen á súa difusión e potencian a produción e elaboración de produtos de calidade. Para a realización da edición 2017 deste certame catáronse un total de 3480 viños e licores, procedentes de máis de 20 países.