Os albariños Mar de Envero e Troupe, Medalla de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2020

Os albariños Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, da adega de Rías Baixas Mar de Envero, foron galardoados con senllas Medallas de Ouro na edición 2020 do concurso internacional Catavinum World Wine & Spirit Competition. Catavinum World Wine & Spirit Competition A Medalla de Ouro premia a viños moi intensos e moi complexos en aromas, con corpo alto, ben equilibrado e moi persistente. Para esta última edición da CWWSC catáronse un total de 3123 viños e licores, procedentes de máis de 20 países. Catavinum World Wine & Spirit Competition Catavinum World Wine & Spirits Competition é unha iniciativa organizada por Catavinum
en Vitoria-Gasteiz (España), que ten como obxectivo informar a
consumidores e profesionais sobre a calidade dos viños e licores
premiados. Deste xeito, contribúen á súa difusión e potencian a
produción e elaboración de produtos de calidade.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?