Os albariños Mar de Envero e Troupe, incluídos no Cadro de Honra dos Mellores Viños de España da Guía Gourmets 2014

A Guía Gourmets – Los Mejores Vinos de España 2014 concedeu 88 puntos a cada un dos nosos monovarietales de Albariño, Mar de Envero elaborado sobre lías e Troupe. Desta forma, ambos os dous viños pasan a formar parte do seu Cadro de Honra dos Mellores Viños de España.A Guía Gourmets – Los Mejores Vinos de España 2014 é a máis veterana das publicacións españolas especializadas no sector vitivinícola, e caracterízase por manter, dende a súa primeira aparición en 1983, unha metodoloxía de cata a cegas.Para realizar esta XXIX Edición, a Guía Gourmets contou co Comité de Cata de Grupo Gourmets, integrado por 21 catadores,  e leváronse a cabo 228 sesións de cata nas que nunca se superaron os 20 viños, co fin de lograr a maior obxectividade posible. En total catáronse a cegas 4560 viños, dos que só 1318 foron comentados e cualificados.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?