Os albariños de Rías Baixas Mar de Envero e Troupe, nas Guías Peñín

Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, foron valorados con 90 e 91 puntos respectivamente pola Guía Peñín de los Vinos de España 2013, a publicación de referencia do viño español no mundo, que conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 500.000 exemplares vendidos das súas 22 edicións.Grazas a estas puntuacións, os albariños Troupe e Mar de Envero tamén foron incluídos na Guía Peñín de los Mejores Vinos de España 2013, unha selección dos caldos españois mellor valorados, e na Peñín Guide Top Wines from Argentina, Chile, Spain & Mexico 2013/14, que recolle os viños con 90 ou máis puntos dos principais produtores vinícolas de fala hispana.Con máis de 9.800 viños catados e máis de 2.000 adegas referenciadas, a Guía Peñín de los Vinos de España é a guía de viños españois máis completa do mundo, ademais dunha ferramenta ideal para afeccionados e profesionais.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?