Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, dispoñibles na prestixiosa tenda británica Borough Wines

Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, xa se encontran dispoñibles en Borough Wines, unha prestixiosa tenda situada no Borough Market de Londres.Borough Wines xurdiu en 2002, ante a necesidade dos propietarios de promover no mercado británico os viños de Chateau Ponchapt, o seu viñedo familiar en Bergerac (Francia). Para conseguilo, decidiron establecer un posto no Borough Market, o máis afamado mercado de alimentos de Londres. Dende entón, Borough Wines creceu ata incluír cinco puntos de venda, un restaurante-vinoteca e un negocio de subministración a bares, restaurantes e tendas. Mar de Envero y Troupe, en Borough Wines Pola súa banda, o Borough Market é máis que un lugar para comprar e vender alimentos: trátase dun recanto único de Londres, ao que a xente acode para descubrir os sabores, aromas, texturas e cores que só os alimentos de calidade, frescos e de tempada poden ofrecer. Atafegado e bulicioso, enérxico e emocionante, o Borough Market captura a rica historia culinaria do país, chegando mesmo a ser considerado a xénese do seu renacemento.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?