A revista gastronómica BenBo incluíu no seu cuarto número, publicado a finais de febreiro, un artigo titulado Trending Design, no que percorre os mellores packagings de viños galegos dos últimos anos. Entre eles encóntrase o de Troupe, Albariño monovarietal da adega de Rías Baixas Mar de Envero.Para BenBo, o Albariño Troupe conta con «un packaging infestado de referencias ao glamour dos anos 20 e un nome inspirado nos grupos de artistas da época, que convida a compartir cos amigos, a gozar en compañía». Tamén comenta que «a súa gran potencia aromática provoca o recordo de froitas como o pexego, a pera ou a froita da paixón, para terminar nuns elegantes pétalos de rosa. En boca é amable e cativador».Ademais, BenBo recorda no seu artigo que o outro Albariño da adega, Mar de Envero elaborado sobre lías, foi galardoado co Premio Vinimag á mellor imaxe de viño branco español, concedido pola prestixiosa publicación Vinos de España.