Troupe, o monovarietal de albariño elaborado pola adega de Rías Baixas Mar de Envero, foi galardoado co Premio Arribe de Plata no 10º Concurso Internacional de Cata Premios Arribe 2014, na categoría de Brancos sen madeira.Os Premios Internacionales Arribe, organizados pola Asociación Vinduero-Vindouro, analizan e avalían os mellores viños das distintas denominacións de orixe de España e Portugal, e encóntranse oficialmente recoñecidos polo Ministerio de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente.Nesta edición, celebrada entre o 4 e o 6 de agosto en Trabanca (Salamanca), participaron case 400 viños, e o xurado internacional estivo integrado por catadores procedentes de países como China, Francia, Uruguai ou Portugal, ademais dunha ampla selección de catadores españois representantes de diferentes denominacións de orixe.