O albariño monovarietal Troupe, da adega de Rías Baixas Mar de Envero, foi catado e valorado con 91 puntos por akataVino wineXtreme, unha innovadora plataforma web dirixida por expertos e acreditados profesionais do mundo do viño e a gastronomía.Con esta puntuación, o albariño Troupe recibe unha Medalla de Ouro na Guía de Vinos Xtreme 2015, a primeira guía virtual en medios dixitais 2.0 de España, na que ademais foi catalogado entre os Mellores Viños Brancos do Ano, Mellores Viños Relación Calidade/Prezo e Mellores Viños Revelación de España. Na súa nota de cata, Antonio Jesús Pérez Reina, fundador e analista enolóxico de akataVino wineXtreme, destaca que o albariño Troupe, «ademais de ser un viño canalla», conta cunha «divertida posta en escena, digamos que roza o cool. Mola ter unha botella Troupe en mesa, pero máis “mola” aos nosos sentidos, porque nos ofrece unha elaboración moi limpa, enche de incansable froita e notas cítricas, cun frescor no gusto e unha acidez rica, convertendo a Troupe nunha peza que se bebe e se bebe».