O albariño Mar de Envero, galardoado co Arribe de Plata na IX Edición dos Premios Internacionales Arribe 2013

Mar de Envero, o albariño elaborado sobre lías da adega Mar de Envero, foi galardoado co Premio Arribe de Plata na IX Edición dos Premios Internacionales Arribe, categoría de Viños brancos sen crianza en madeira, onde obtivo unha valoración de 86,20 puntos. Con esta mención, Mar de Envero logrou un dos tres premios concedidos á Denominación de Origen Rías Baixas.Os Premios Internacionales Arribe avalían os mellores viños de España e Portugal, e encóntranse oficialmente recoñecidos polo Ministerio de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente.Nesta última edición, celebrada entre o 5 e o 7 de agosto de 2013 en Trabanca (Salamanca), 319 viños procedentes de 44 Denominacións de Orixe de España e Portugal foron catados por un comité de 23 enólogos e profesionais de recoñecido prestixio, un xurado internacional que destacou a alta calidade dos viños participantes. IX Edición de los Premios Internacionales Arribe 2013 Os Premios Internacionales Arribe 2013 serán entregados pola Asociación Vinduero-Vindouro, organizadora do certame, durante unha gala que se celebrará o próximo 26 de outubro.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?