O albariño «Mar de Envero Branco Barrica», galardoado cunha Distinción Gallaecia

O albariño Mar de Envero Branco Barrica 2018 foi galardoado cunha Distinción Gallaecia 2022, que o recoñece como un dos 15 viños mellor valorados da D.O. Rías Baixas por Gallaecia – Asociación de Sumilleres de Galicia. De acordo con esta asociación, organizadora do certame, «todos os viños Distinguidos superaron o corte de 84 puntos —ficha de cata da OIV, Organización Internacional de la Viña y el Vino—, e todos eles destacaron en relación aos outros da súa Denominación». Mar de Envero | Distinciones Gallaecia Gallaecia – Asociación de Sumilleres de Galicia é unha asociación profesional sen ánimo de lucro fundada no ano 1997, que actualmente conta con máis dun centenar de socios nas catro provincias galegas. Os seus principais obxectivos son a formación, a información, a dignificación da profesión e a defensa dos produtos apoiados por un selo de calidade que garantan a súa orixe. Desde o ano 2002 organiza o concurso Distinciones Gallaecia, oficialmente recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, así como pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O concurso debe ser confirmado cada ano polo Ministerio, e é un dos certames nos que maior número de viños se catan, cunha media de 400 por edición. Mar de Envero | Distinciones Gallaecia As Distinciones Gallaecia baséanse nunha dobre cata cega, cunha primeira selección realizada nas sedes dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe galegas. Os viños que superan o limiar esixido pasan a unha cata final, da que saen os Distinguidos. Esta segunda cata realízase con viños de mercado —distribucións, tendas e establecementos especializados—, para asegurar que o produto catado se corresponde co que realmente se atopa ao dispor dos consumidores. Todos estes aspectos fan que as Distincións Gallaecia se atopen entre os premios máis considerados no sector

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?