O albariño elaborado sobre lías Mar de Envero, entre os 300 Mellores Viños de España

A revista Vino+Gastronomía incluíu ao albariño elaborado sobre lías Mar de Envero na súa selección de Los 300 Mejores Vinos de España.Vino+Gastronomía valorou o albariño de Rías Baixas Mar de Envero con 90 Puntos, e descríbeo na súa nota de cata como “Amarelo lima limón con irisacións aceirado-verdosas. Un albariño de nariz profundo, con notas de herba de río, como o poexo e a macela, mesturadas con froita branca en abundancia. En boca ten peso, desenvólvese glicérico, con boa froita no paso, unha acidez correcta sen ser especialmente salientable. No recordo, deixa eses aromas de boca en forma de flor de limón e de notas frescas herbáceas, de feo”.Vino+Gastronomía é unha publicación pioneira no tratamento informativo dos contidos gastronómicos e vinícolas españois, e a súa selección de Los 300 Mejores Vinos de España, un xeito sinxelo e cómodo de escoller as etiquetas que mellor se adaptan a distintos gustos e petos, así como a mellor forma de descubrir os nomes daqueles elaboradores menos coñecidos pero máis respectados no seu sector.Galardoada en 2004 co Premio Nacional de Gastronomía, a Society of Publication Design de New York considerou a Vino+Gastronomía, durante dous anos consecutivos, unha das doce revistas mellor deseñadas do mundo.Vino+Gastronomía tamén organiza o prestixioso concurso La Nariz de Oro, un certame que, dende hai máis de 20 anos, axuda á formación da sumillería, ademais de premiar os mellores viños e ao sumiller de maiores dotes en cata olfactiva de España.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?