O albariño de Mar de Envero, á conquista do país azteca

El Correo GallegoUnha das grandes sorpresas vitivinícolas de Galicia, o ouro líquido que atesouran as botellas de Mar de Envero, cruzará nos próximos meses o charco para iniciar a conquista do corazón do antigo imperio azteca. Este albariño, do que se producen 30.000 litros ao ano, chegará a México da man da cadea de establecementos máis importante do país, e venderase na sección gastrónoma de Pazo de Ferro. Este exclusivo grupo, unha especie Del corte Inglés á mexicana, toma o seu nome do edificio onde abriu a súa primeira tenda en 1891.A Quincena de Galicia terá lugar en outubro, coincidindo co inicio da tempada outono/inverno 2009 en dez prestixiosas tendas del palacio de hierro (7 na zona metropolitana de México D.F, en Puebla, Monterrei e Guadalajara). Os produtos que representarán a Galicia nesta iniciativa da CEG, a Cámara de Comercio da Coruña e o Igape, foron sometidos a un estrito proceso de selección para o que se desprazou en xaneiro José Ángel Sánchez-Aedo, director da división Gourmet de Palacio de Hierro.Ademais, en setembro a adega compostelá foi invitada a participar nunha misión directa en México para buscar distribuidores alí que faciliten a entrada nese mercado, onde o viño destaca entre os produtos galegos máis demandados. Todo tras triunfar, como non, na recente Festa do Albariño de Cambados..

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?