Mar de Envero viaxa a Brasil nunha misión comercial

“Uns pasos máis cara á internacionalización”. Así definimos dende a dirección da adega Mar de Envero, a visita comercial a Brasil da que chegamos con “moitos contactos e con sensacións moi positivas”. Unha viaxe, que organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra, serviu para explorar novos mercados e vías de comercialización.Nesta visita, Mar de Envero reuniuse con importadores, sumilleres, sociedades de viños, etc. Un novo camiño que abre a marca nun dos mercados con maior proxección de Latinoamérica; supoñendo outro avance para a adega que xa acudiu ao mercado xaponés o pasado mes de abril dentro da feira Wine & Gastrónomo como única representación galega do sector.Mar de Envero é unha iniciativa de dous emprendedores composteláns Manyo Moreira e Breixo Rey, enólogo e xerente, respectivamente, que fundan a adega no ano 2007; creando un grande albariño baixo o mesmo nome. O pasado mes de abril, a adega continúa co seu proceso de expansión e presenta, Troupe. O irmán pequeno é outro albariño que non deixou a ninguén indiferente e que xa obtivo éxitos de crítica e público ao conseguir unha medalla de bronce no concurso International Wine Guide. Un recoñecemento ao que se suma a medalla de prata que o mesmo certame concedeu a Mar de Envero.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?