Mar de Envero, única adega galega presente na Wine & Gourmet JAPAN 2013

Mar de Envero será a única adega galega presente na edición 2013 da feira Wine & Gourmet JAPAN, que se celebrará entre os días 3 e 5 de abril no recinto Tokyo Big Sight da capital nipoa.Esta será a segunda asistencia consecutiva da adega Mar de Envero a este evento, un dos puntos de encontro máis importantes entre produtores vitivinícolas de todo o mundo e distribuidores e importadores xaponeses.Na súa anterior edición, Wine & Gourmet JAPAN conseguiu reunir a máis de 104 expositores de 18 países, recibindo 70000 visitantes profesionais, unhas cifras que a organización espera superar este ano.Miguel Ángel Moreira, enólogo da adega Mar de Envero, considera que os seus dous viños albariño con D.O. Rías Baixas, Mar de Envero e Troupe, conseguiron sorprender e seducir o padal xaponés tanto polo seu carácter aromático coma pola súa boa maridaxe coa gastronomía nipoa.Con esta nova edición, Miguel Ángel pretende afianzar a presenza da adega Mar de Envero en Xapón, así como facer chegar os seus viños a un maior número de restauradores. Mar de Envero, en la Wine & Gourmet JAPAN 2013

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?