Mar de Envero presenta o seu novo viño albariño

Atlántico DiarioMar de Envero acaba de lanzar ao mercado Troupe, o seu novo viño albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas. A adega é unha iniciativa dos emprendedores composteláns Manyo Moreira e Breixo Reymóndez, enólogo e xerente, respectivamente. Este é o segundo monovarietal e conta cunha produción de 20.000 litros. Os seus viños están presentes en gran parte de España e perseguen abrirse pasa no mercado xaponés. De feito a empresa participou a semana pasada na feira Wine & Gastrónomo de Xapón, sendo a única representación galega na mostra.Troupe contén presenza de froitas de óso como o melocotón e mango, así como recordos a pera, froita da paixón e pel de lichi.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?