Mar de Envero, no Torneo de Nadal do Santiago Futsal A Gaiola

Un ano máis, o equipo feminino do Santiago Futsal A Gaiola organizou con éxito o seu Torneo de Nadal, baixo o lema Todo es deporte!, co obxectivo de fomentar a igualdade de xénero e a non violencia.Ademais de celebrarse varios partidos de fútbol sala e actuacións musicais, durante o evento recolléronse 200 kg de alimentos para os servizos sociais do Concello de Santiago e tapóns de botellas de plástico para fins solidarios. Torneo de Nadal do Santiago Futsal A Gaiola Como en edicións anteriores, a adega Mar de Envero quixo estar presente neste evento, achegando o seu viño para que fose sorteado entre todos os asistentes. Dende aquí transmitimos o noso agradecemento aos organizadores, e animámolos a seguir desenvolvendo unha iniciativa tan exemplar.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?