La RegiónCon só un ano no mercado, e a pesar da forte competencia das adegas xa consolidadas, Mar de Envero estase situendo nas cartas dos mellores restaurantes e tendas especializadas de Galicia e Asturias, e recibiu unhas excelentes calificaciones.Este albariño, intensamente aromático no que se aprecian aromas a froitas tropicais, notas de mazá e froitas de óso; é o primeiro dos viños elaborados pola adega. Unha adega que se creou en 2007, pero non foi ata marzo de 2008 cando o primeiro dos seus produtos viu a luz. Mar de Envero é unha desas novas adegas galegas que se arriscan a crear produtos especiais, apostando pola calidade máis que pola cantidade. De feito, da primeira colleita sacáronse 30.000 litros. O feito de que a nova colleita non saia ata verán débese á complexidade da súa elaboración e á permanencia en lías un mínimo de seis meses.