Mar de Envero acode á gala de entrega dos IX Premios Internacionales Arribe 2013

O pasado sábado, 30 de novembro, o equipo da adega Mar de Envero acudiu á gala de entrega dos IX Premios Internacionales Arribe, celebrada en Trabanca (Salamanca).Durante a gala, o enólogo Manyo Moreira recolleu o galardón concedido ao albariño elaborado sobre lías Mar de Envero, que se alzou co Premio Arribe de Plata na categoría de Viños brancos sen crianza en madeira, onde obtivo unha valoración de 86,20 puntos. Mar de Envero: IX Premios Internacionales Arribe 2013 Antes da cerimonia foron expostos todos os viños gañadores, para que os asistentes tivesen a ocasión de catalos. Ademais, a organización dos Premios Internacionales Arribe anunciou a edición dun libro dixital con toda a información e abundante material gráfico relacionado co evento. Mar de Envero: IX Premios Internacionales Arribe 2013

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?