Manyo Moreira, enólogo e productor de viño: “Mar de Envero é un albariño mimado en todo o proceso de elaboración”

La Voz de GaliciaElaborar un viño de calidade a partir da nada, sen máis estrutura detrás que moitas ganas de traballar, ilusión e formación, é o reto que acaba de facer realidade Manyo Moreira, enólogo compostelán de 32 anos que se embarcaron no proxecto con dous socios para elaborar o albariño Mar de Envero, o viño da D. O. Rías Baixas que elixiu o restaurante Enxebre para maridar cos peixes azuis aos que dedica unhas xornadas gastronómicas.¿Qué características ten este viño para triunfar?A súa calidade é froito dun proceso coidadoso e mimado paso a paso, dende a selección da uva ata a presentación en botella. É un viño redondo en cata, compensado, cunha carga aromática lograda pola maceración da baga en frío e a fermentación a baixa temperatura para conseguir maior complexidade, e unha cor dourado transparente que di moitas cousas de Mar de Envero.¿O nome no é casual, verdade?Envero é o momento en que a uva cambia de cor. O de mar foi pola imaxe duns viñedos mexidos polo vento que se fundía co mar.¿Como naceu seu proxecto?Descubrín a enoloxía cando estudaba Industrias Agroalimentarias e tituleime en Ponteares, traballei en adegas do Bierzo e León antes de empezar a elaborar o noso viño en Cambados. Esta é a primeira colleita, con 40.000 botellas, pero o proxecto non hai máis que empezar.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?