Clons de albariño certificados: o primeiro paso cara un patrón definitivo de albariño?

Tras vinte e cinco anos de investigación, o Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia presentou cinco superclons de albariño, os primeiros desta variedade certificados a nivel mundial.Na adega Mar de Envero recibimos esta noticia con expectación, pois responde a unha reivindicación que vimos defendendo dende hai tempo: a necesidade de establecer un patrón de albariño que, funcionando como referencia a nivel mundial, contribúa a protexer os trazos diferenciais da nosa zona de elaboración.As cinco plantas clonadas de albariño obtivéronse a partir de cepas de entre douscentos e trescentos anos de antigüidade, tras unha selección clonal que os responsables do proxecto cualificaron como das máis completas a nivel mundial.Estes superclons de albariño caracterízanse pola súa probada resistencia a enfermidades, así como pola gran calidade demostrada en parámetros como a produción, o aroma ou o grao alcohólico.Durante o próximo lustro, os viticultores da Denominación de Orixe Rías Baixas poderán explotar en exclusiva dúas das cinco cepas clonadas de albariño, que a partir dese momento se poñerán a disposición do mercado internacional.Máis información:Rías Baixas plantará os primeiros clons de albariño en 2013Cinco superclones de albariño, fruto de 25 años de investigaciónMisión Biológica de Galicia

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?