Atrévete a descubrir as Noches Troupe

Troupe, o albariño Rías Baixas da adega Mar de Envero, propúxose impregnar as noites de ocio co seu espírito canalla. Como? Coas súas Noches Troupe: festas co desenfado dos anos vinte e o cabaré, celebradas en locais selectos, cunha coidada ambientación, propostas gastronómicas irresistibles, múltiples sorpresas e, sobre todo, inmellorable compañía.A primeira destas Noches Troupe celebrarase en A Moa (Santiago de Compostela), o mércores 6 de febreiro, a partir das 20:30 horas. Só vos revelaremos un pequeno secreto: poñerase en xogo unha cea para dúas persoas neste restaurante compostelán. Queredes máis? O mércores 6 de febreiro, a partir das 20:30 horas, a Noche Troupe espéravos con todas as súas sorpresas en A Moa.Atrevédesvos a descubrilas?Máis información:Descobre o albariño TroupeMar de Envero en FacebookMar de Envero en TwitterA MoaA Moa en Facebook Noche Troupe en A Moa

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?