Achegamos calidade sen entrar na guerra de prezos

Voz de Galicia – De vinosTexto: J.M. OrriolsMiguel Moreira estudaba enxeñaría técnica agrícola en Lugo, pero a súa paixón era a enoloxía. Por iso preparouse nun centro especializado en Ponteareas e comezou a traballar no que en realidade o atraía: o mundo do viño. Despois de traballar en varias adegas españolas, pensou que chegara o momento de elaborar o seu propio viño e con dous socios máis, lanzouse á aventura de crear a marca Mar de Envero, alugando parte dunha adega e comprando e controlando a produción de uvas dos seus provedores.«Foi un pouco loucura – explica Miguel – pero a ilusión pode con todo e así, pouco a pouco, fómonos facendo un oco no mercado cun viño de calidade, pouca produción e un prezo razoable, aínda que nunca poderemos entrar nesa guerra de prezos das grandes adegas»A idea xorde polo que vin noutros países, non inventei nada, pero pareceume interesante e sobre todo realizable e con futuro. Nuns tempos tan difíciles, é certo que partimos en desvantaxe con respecto aos que xa están establecidos, pero non o é menos o que conseguimos, a base de traballo, ilusión e imaxinación, moito para tan pouco tempo. O noso mercado natural é o español, pero xa temos clientes en México, Reino Unido, Suíza e Xapón, o que nos dá ánimos para seguir adiante. Galicia ten un gran potencial no mundo do viño e nós imos aproveitalo.Estou seguro que o conseguiremos, porque nos apoiamos na máxima calidade e a innovación. Temos dous viños, o Mar de Envero e o Troupe, cunha mesma base, pero con distintas formas de elaboración. O primeiro é un viño que me leva un ano elaboralo, porque fago unha crianza sobre lías, que son os fermentos naturais da fermentación e que lle dan ao viño estrutura, corpo e máis duración no tempo. O Troupe é un viño novo, unha explosión aromática de froitas de óso, mazá verde, suave, limpo e fresco que, ao neófito, lle adoita gustar máis. É un viño máis apto para o chateo que tanto se fai en Galicia e que o seu propio nome, inspirado nos anos vinte, xa nos adianta que é o ideal para compartir cos amigos, coa tropa. Naceu realmente, porque o cliente nolo pedía.Teño moitas ideas e proxectos, pero gustaríame poder traballar con variedades autóctonas, elaborar viños exclusivos,conseguir ese viño galego ideal que teño na cabeza. O que acontece é que teño que baixar á realidade e pensar que o que non é rendible, hoxe por hoxe, non é viable.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?