A revista «The Wine Advocate» valora aos albariños Mar de Envero e Troupe

A prestixiosa revista especializada «The Wine Advocate», do crítico de viño estadounidense Robert Parker, publicou no seu número 232 —agosto de 2017— as valoracións para os albariños Mar de Envero e Troupe, da adega de Rías Baixas Mar de Envero. Robert Parker - The Wine Advocate: Mar de Envero albariño elaborado sobre lías Rías Baixas A anada 2015 do albariño elaborado sobre lías Mar de Envero recibiu unha puntuación de 90+, sendo descrito como «limpo, equilibrado, sutil e varietal. O padal é moi agradable, cunha acidez vibrante e un final agridoce». Robert Parker - The Wine Advocate: Troupe albariño Rías Baixas Pola súa banda, a anada 2016 do albariño monovarietal Troupe foi valorada con 88 puntos, e dela destácase que é «un exemplo fresco e froiteiro impulsado con aromas de flores brancas, cítricos, froitos amarelos e balsámicos. O padal ten alta acidez compensada por uns cinco gramos de azucre residual. Un Albariño comercial, fácil de gustar». Robert Parker - The Wine Advocate 232 O catador Luís Gutiérrez tamén apunta que participou nunha cata vertical do albariño Mar de Envero elaborado sobre lías, recoñecendo que «foi bo comprobar a evolución dos viños». Ademais, lembra que a adega de Rías Baixas Mar de Envero lanzará proximamente o seu primeiro viño tinto.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?