A revista Galicia Informa entrevista a Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero

A revista Galicia Informa, publicación periódica na que se dá a coñecer a historia, novidades, filosofía e proxectos de empresas e profesionais destacados nos seus sectores, publicou no seu número 8 unha entrevista con Manyo Moreira, enólogo da adega de Rías Baixas Mar de Envero.Na entrevista, Manyo afirma que o principal obxectivo de Mar de Envero é elaborar viños que representen á súa rexión de produción, razón pola que sempre traballaron exclusivamente con variedades autóctonas galegas.Tamén explica as diferenzas entre os dous viños que a adega comercializa actualmente, Mar de Envero elaborado sobre lías e Troupe, nos que se utiliza a mesma variedade de uva –albariño–, pero procedente de distintas leiras e elaborada de diferente maneira en cada caso. A revista Galicia Informa entrevista a Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero Ademais, o enólogo revela unha sorpresa para o futuro próximo, avanzando que prepara o lanzamento de novos viños de marcado carácter atlántico…Podedes ler a entrevista completa nesta ligazón.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?