A adega Mar de Envero repasa a súa viaxe a Tokyo en Santiago TeVe, de SantiagoTV

Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero, repasa nesta entrevista para o magazine Santiago TeVe a experiencia da súa recente viaxe a Tokyo, onde asistiu á feira Wine & Gourmet JAPAN 2013.Durante a entrevista, Manyo Moreira revela que o desembarco dos seus viños en Xapón estivo precedido dun profundo estudo da cultura e hábitos do país nipón, prestando especial atención á súa gastronomía xa que, ao basearse en peixes e mariscos, propicia unha maridaxe perfecta para os albariños Mar de Envero e Troupe.Ademais, Manyo recorda o traballo que implica asistir a un gran evento como o Wine & Gourmet JAPAN 2013, unha experiencia que lle permitiu comprobar de primeira man a boa aceptación dos seus viños no mercado xaponés.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?